PERIGO VEXETAL
EDITORIAL: XERAIS
AUTOR:RAMÓN CARIDE
Escrita alternativamente en primeira persoa por cada un dos protagonistas, axiña descubriremos que a existencia dunha nova planta alimenticia, o supercereal SC-1, obtido por manipulación xenética, vai se-lo eixo de toda a trama. Un supercereal creado por procedementos biotecnolóxicos que está deseñado para substituir outras plantas como o trigo, o centeo, o millo ou o arroz que eran, ata daquela, a base da alimentación humana. Ó redor desta noticia comezan a aparecer novas informacións que os alertarán sobre unha posible ameaza.É UN DOS LIBROS DO NOSO ITINERARIO LECTOR, TÉMOSLO NA BIBLIONOVA.