AUTORA: Sabela González, que naceu en Burela en 1981 e non tardou moito en decidir que quería ser escritora.
ARGUMENTO: BÁGOA DE LÚA é o primeiro tomo da triloxía fantástica AS CRÓNICAS DE LANDEREINA de Sabela González Panizo.
Durante corenta anos, Landereina sufriu baixo o poder do malvado Wiasmau. O reino xa está recuperado,
pero a historia está a piques de se repetir, a menos que alguén consiga destruír a poderosa Pedra de Lúa. Nunha pequena cabana, nunha praia esquecida do mundo, Berenguela descubrirá que o seu destino é moi distinto ao que sempre pensara. Descubrirá que salvar o reino pode estar nas súas mans.
Ao sur das grandes montañas Kaii e da cadea Sophesiw esténdese o reino de Landereina, unha terra na que conviven amazonas, druídas, ananos e bandidos, sucada polo escuro bosque de Etlual, fogar de centauros e elfos. Landereina vive en paz grazas ao goberno da dinastía dos Gheiroez. O rei Bogardo segue a esforzarse en reconstruír o reino, igual que o fixeron os seus antepasados dende que Argun II lograra derrotar o malvado Wiasmau, quen durante décadas tiranizara as súas terras grazas ao poder da Pedra de Lúa. Pero a felicidade en Landereina está en perigo de novo: o exército escuro dos kaihunn está a avanzar polas vilas baixo as ordes dun novo e descoñecido tirano que busca destronar os Gheiroez e facerse coa Pedra de Lúa e, con ela, co poder sobre Landereina.
EDITORIAL GALAXIA, S. A.
No hay comentarios:
Publicar un comentario