A través desta ferramenta os alumn@s do CEIP A Pontenova teñen a oportunidade de recomendar os seus libros preferidos aos seus compañeir@s e tamén de "criticar" aqueles que non lles gustan.
PARA COMPARTIR AS TÚAS LECTURAS ENVÍA UN CORREO ELECTRÓNICO A:
Envía as túas recomendacións a: gusileo.biblionova@gmail.com Non o dubides! Comparte as túas opinións lectoras!
domingo, 22 de septiembre de 2013
lunes, 9 de septiembre de 2013
El cuento de Biblioburro
TÍTULO:
Biblioburro (Una historia real de Colombia)
Jeannette
Winter, Ed. Juventud, Barcelona, 2010.
Desde no
hace mucho está editada en forma de cuento infantil la historia real de Luis
Soriano, el maestro preocupado por acercar la lectura a los lugares más
recónditos de Colombia.
Bajo la
autoría de Jeannette Winter, que también se ocupa de las ilustraciones, se
relatan las aventuras, las dificultades y las alegrías que nuestro personaje
protagoniza con sus dos burros, Alfa y Beto, en su empeño por extender los
libros a los que no tienen otras opciones para conseguirlos.
El
Biblioburro colombiano es de sobra conocido, lo que no quitanuestro aplauso
por esta nueva iniciativa, tan didáctica, colorista y divertida, que,
a la vez que promociona su estupenda labor, permite pensar a los
más pequeños sobre la importancia de la lectura como derecho fundamental,
que no todos los niños tienen asegurado.
lunes, 2 de septiembre de 2013
TÍTULO:Gran libro dos retratos de animais
AUTOR:Svjetlan Junaković
.
Compartir o gusto pola pintura cos máis cativos, abrir ventás á arte, romper as barreiras e propiciar que os máis pequenos ollen un retrato clásico… son algúns dos obxectivos que persegue este libro.
Gran libro dos retratos de animais foi concibido por Svjetlan Junaković para dar testemuño de que ao longo da historia foron moitos os animais, que vestidos coas súas mellores prendas, posaron ante retratistas sobranceiros.
Lonxe dos manuais de historia da arte convencionais, a verosimilitude dos retratos e as explicacións ao carón da imaxe, que o ilustrador croata presenta neste libro, xogan cunha base histórica, respectada ata o detalle, pero na que os animais se converten nos verdadeiros protagonistas. Por súa vez, as explicacións que acompañan á obra, ofrecen información sobre a época, o contexto, o artista, o animal retratado… pistas chave para quen desexe afondar no coñecemento dos cadros orixinais, punto de partida e inspiración dos retratos.

NOVIDADES
TÍTULO: O XIGANTE DO PANTANO
AUTOR:Richard Marnier & Géraldine Alibeu
ARGUMENTO:
O Xigante do pantano vive só,
no fondo dun lameiro escuro.
É un mangallón
que ten os dentes negros
e as uñas roídas,
un comedor de nenos pegañento,
cuberto de musgo verde
e de cogomelos azuis.
Cando chove,
atrapa os nenos que chapuzan nos charcos
e cómelles os pés.
Na vila todo o mundo o sabe:
é imposible tratar co Xigante do pantano.
Moitas veces levantamos muros infranqueables construídos a base de prexuízos, desconfianza e, sobre todo, descoñecemento. Isto é, precisamente, o que ocorreu entre os habitantes do pobo deste conto e o Xigante do pantano.
Esta criatura e a os seus veciños están separados pola imaxe errónea que estes últimos teñen dela. Pero tamén porque o concepto que o Xigante do pantano ten de si mesmo impídelle relacionarse, o que alimenta aínda máis a súa falsa lenda.
O Xigante, malia a súa portentosa aparencia, é vulnerable e permeable á opinión dos demais, o que comunmente chamamos —así tamén o denomina o conto de Richard Marnier— “o que dirán”.
En ocasións, unha inseguridade excesiva lévanos a encerrarnos en nós mesmos e a distanciarnos dos demais e, ata, inmobilízanos e impídenos levar a cabo aquilo que anhelamos, ante o temor de ser reprobados ou censurados, tal e como lle sucede ao protagonista. Como resumía o pensador Ramón Llull: o amor move; o temor retrae.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)
ATRÉVETE A XOGAR A ESTE TRIVIAL. A VER CANTAS ACERTAS...
gracias pola túa visita
Blog creado con fins exclusivamente educativos, si algunha imaxe dana os dereitos de autor comuníquenolo a gusileo.biblionova@gmail.com e retirarémola de inmediato. GRACIAS POLA TÚA VISITA
Los Colores de Kvêta Pacovská