TÍTULO: O XIGANTE DO PANTANO

ARGUMENTO:
O Xigante do pantano vive só,
no fondo dun lameiro escuro.
É un mangallón
que ten os dentes negros
e as uñas roídas,
un comedor de nenos pegañento,
cuberto de musgo verde
e de cogomelos azuis.
Cando chove,
atrapa os nenos que chapuzan nos charcos
e cómelles os pés.
Na vila todo o mundo o sabe:
é imposible tratar co Xigante do pantano.
Moitas veces levantamos muros infranqueables construídos a base de prexuízos, desconfianza e, sobre todo, descoñecemento. Isto é, precisamente, o que ocorreu entre os habitantes do pobo deste conto e o Xigante do pantano.
Esta criatura e a os seus veciños están separados pola imaxe errónea que estes últimos teñen dela. Pero tamén porque o concepto que o Xigante do pantano ten de si mesmo impídelle relacionarse, o que alimenta aínda máis a súa falsa lenda.
O Xigante, malia a súa portentosa aparencia, é vulnerable e permeable á opinión dos demais, o que comunmente chamamos —así tamén o denomina o conto de Richard Marnier— “o que dirán”.
En ocasións, unha inseguridade excesiva lévanos a encerrarnos en nós mesmos e a distanciarnos dos demais e, ata, inmobilízanos e impídenos levar a cabo aquilo que anhelamos, ante o temor de ser reprobados ou censurados, tal e como lle sucede ao protagonista. Como resumía o pensador Ramón Llull: o amor move; o temor retrae.
No hay comentarios:
Publicar un comentario