TÍTULO:Gran libro dos retratos de animais
AUTOR:Svjetlan Junaković
.
Compartir o gusto pola pintura cos máis cativos, abrir ventás á arte,
romper as barreiras e propiciar que os máis pequenos ollen un retrato
clásico… son algúns dos obxectivos que persegue este libro.
Gran libro dos retratos de animais foi concibido por
Svjetlan Junaković para dar testemuño de que ao longo da
historia foron moitos os animais, que vestidos coas súas mellores
prendas, posaron ante retratistas sobranceiros.
Lonxe dos manuais de historia da arte convencionais, a verosimilitude
dos retratos e as explicacións ao carón da imaxe, que o ilustrador
croata presenta neste libro, xogan cunha base histórica, respectada ata o
detalle, pero na que os animais se converten nos verdadeiros
protagonistas. Por súa vez, as explicacións que acompañan á obra,
ofrecen información sobre a época, o contexto, o artista, o animal
retratado… pistas chave para quen desexe afondar no coñecemento dos
cadros orixinais, punto de partida e inspiración dos retratos.
A través desta ferramenta os alumn@s do CEIP A Pontenova teñen a oportunidade de recomendar os seus libros preferidos aos seus compañeir@s e tamén de "criticar" aqueles que non lles gustan.
PARA COMPARTIR AS TÚAS LECTURAS ENVÍA UN CORREO ELECTRÓNICO A:
Envía as túas recomendacións a: gusileo.biblionova@gmail.com Non o dubides! Comparte as túas opinións lectoras!
lunes, 2 de septiembre de 2013
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
ATRÉVETE A XOGAR A ESTE TRIVIAL. A VER CANTAS ACERTAS...
gracias pola túa visita
Blog creado con fins exclusivamente educativos, si algunha imaxe dana os dereitos de autor comuníquenolo a gusileo.biblionova@gmail.com e retirarémola de inmediato. GRACIAS POLA TÚA VISITA
No hay comentarios:
Publicar un comentario